Encerramento da 3ª Açom Internacional da Marcha Mundial das Mulheres em Vigo

O pasado domingo 17 de Outubro de 2010 tivo lugar o Peche da 3ª Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres con actividades-espello en todas as partes do mundo do acto central que aconteceu en Sud Kivu na República Democrática do Congo.

VEJA VÍDEOS AQUI

Na Galiza ocupamos a Praza da Princesa de Vigo como símbolo da visibilización pública que queriamos facer da situación de guerra, opresión e violencia que sofren as nosas irmás congolesas, así como todas as irmás do mundo que viven en zonas de conflito armado.

O Tribunal de Acusación contra as violacións dos dereitos das mulleres na RD do Congo levou ao público na traxectoria de violencia, horror e inxustiza que viven os diferentes sectores da sociedade congolesa ao mesmo tempo que foi identificando as causas dos conflitos armados e pobreza nun país con unha grande riqueza en materias primas e incuestionábel potencial humano.

Para finalizar cunha xornada intensa e emotiva o grupo de musica tradicional galega “Tanxedoras” animou un feche de xornada, compartindo con todas as presentes a mellor das herdanzas que pasan dunhas mulleres a outras, e que nos serven para construír entre todas unha comunidade forte, loitadora e independente: a lingua e a cultura galega, pois só construíndo desde o que somos poderemos conectar coa dor, sufrimento, mas tamén esperanza e alegría de outras mulleres, en outras partes do mundo, que senten e pensan, como nós, que un outro mundo mais xusto e libre é posíbel.

Crónica completa na web da Marcha Mundial das Mulleres. Fonte: GzContrainfo.

Fonte: DiariodaLiberdade


Deixe um comentário

Arquivado em Uncategorized

Deixe um comentário